Este é o próximo libro que vamos ler.
Enfeitizada polas súas obras, as súas paisaxes e os seus imaxinarios desde fai tempo, Espido Freire propúxose desvelar o enigma destas catro mulleres solteiras e pobres, autodidactas, con mala saúde, illadas no campo nun século que non potenciou nin moito menos as súas inquietudes intelectuais, e que morreron antes de cumprir os corenta deixando unha decena de novelas dignas de facerse un oco nos anais da literatura universal. Unhas mulleres que levaron unha vida quizá máis desgraciada que as dos seus personaxes.
"As novelas de Emily e Charlotte Brontë e as de Jane Austen son cruciais e a orixe de tantas e tantas novelas rosas, nunhas derivacións que aínda hoxe están presentes", asegura Espido Freire. "Jane Austen é o gran modelo en canto a construción de novela, e as irmás Brontë son a paixón pola literatura, toda parte bronca, escura e romántica que implica a novela".